Historia

Inicialmente produtora de vídeo, Ophiusa foi moi axiña tamén Editorial. Entre os seus traballos como produtora cómpre subliñar a colección VIDEOTECA DE GALICIA con títulos como: “COMPOSTELA, CAPITAL DE OCCIDENTE”; “A CORUÑA... LUZ, PIEDRA, MAR, CRISTAL”, “LUGO, CIUDAD BIMILENARIA”, “OURENSE, LA CIUDAD DEL ORO”, “PONTEVEDRA, BOA VILA”, “EL CAMINO DE SANTIAGO EN GALICIA” o “EL CAMINO DE SANTIAGO EN ESPAÑA”. E numerosas producións como EL MONASTERIO DE SAMOS, EL MARQUÉS DE SARGADELOS, HISTORIA DA LINGUA...

Dúas destas producións – COMPOSTELA e A CORUÑA- están declaradas “VIDEOS DE INTERÉS TURÍSTICO NACIONAL” polo Ministerio de Comercio y Turismo.

 

Somos pioneiros en Galicia na edición de vídeo-libros, especialmente dedicados ao mundo da educación. Temos video-libros de Xeografía, Relixión, Natureza, Sociais, Literatura...

Aspecto moi importante no noso labor foi a edición de videos dedicados a persoeiros destacados da vida de Galicia de todos os tempos: O MARQUÉS DE SARGADELOS, O INMENSO DON RAMÓN (OTERO PEDRAYO), LUIS PIMENTEL, LUIS SEOANE, RAMÓN PIÑEIRO, ROSALÍA DE CASTRO, BLANCO AMOR, BOUZA-BREY...

 

Os nosos colaboradores son máximas figuras da cultura de Galicia. Baste indicar que algúns dos nosos vídeos foron supervisados e avalados por D. ANTÓN FRAGUAS (Cronista de Galicia), XAQUÍN, LOURENZO, TRAPERO PARDO, FELIPE ARIAS, FELIPE SENÉN, etc.

Por outra parte, OPHIUSA foi a impulsora de TELEVISIÓN LUGO, levando adiante a súa organización durante catro anos.