ARREDOR DA VIDA
Queremos amosárlles o xeito tradicional de vestirse, cantar e bailar da provincia de Lugo que conta cunhas características diferenciais ben marcadas, xa non só co resto de Galicia senón entre as mesmas comarcas que a conforman. O traballo que neste libro se describe, e que no adxunto vídeo se pode contemplar, comenzou vai para dez anos e aínda está inconcluso, dado que as persoas que o vimos facendo non podemos adicar todo o tempo que quixeramos a estes labores nos que traballamos no noso tempo de vagar, o que non lle resta rigurosidade. Non se pretendeu facer un espectáculo onde estea en primeiro lugar a perfección de movementos estudiados nunha escola ou cun coreógrafo. Sen despreciar estes traballos, o noso interese está no xeito de facer do pobo, unhas veces máis espontáneo e outras máis estudiado pero, iso si, buscando sempre o lecer.