ELINGA (EXPLORACIÓN DA LINGUA GALEGA)

ELINGA (EXPLORACIÓN DA LINGUA GALEGA)Linguas: Gallego
30 €

Unha das características máis salientables da condición human a é a linguaxe articulada, e ó mesmo tempo, a adquisición da linguaxe oral na infancia, vén sendo un dos procesos máis notables e máis sorprendentes do desenvolvemento humano. Sorpréndenos por dúas cousas: pola rapidez coa que se adquire e pola súa universalidade. A nosa idea foi elaborar un material que se adaptase á realidade á hora de facer unha correcta exploración articulatoria, compresiva e expresiva, ós nenos/as galegofalantes, sen ter que adaptar sobre a marcha os diferentes manuais que existen noutras linguas, procurando o manexo dun vocabulario axeitado e coñecido pola poboación infantil, tratando tamén de que teña unha carga afectiva e que non se engadan problemas de comprensión ós de articulación.

Prezo: 30,00 €