OS SEÑORES DA PALABRA

OS SEÑORES DA PALABRA(65 minutos)Linguas: Gallego
21 €

O 17 de maio de 1963 había 100 anos que Rosalía asinara a dedicatoria que lle fixera a Fernán Caballero dunha obra que a propia autora de Padrón lle daba ó prelo: CANTARES GALEGOS. Dous meses antes desta conmemoración, aceptaba a Real Academia Galega, e facíaa realidade, unha proposta que pedía que se declarase o día 17 de maio "Día das Letras galegas", como data para exaltar e espallar "a actividade intelectual galega".Variada e polícroma é a galería de autores homenaxeados nestes anos: desde Pintos, o autor da primeira obra impresa da nosa literatura contemporánea, pasando pola tríada gloriosa do Rexurdimento, ata Lamas Carvajal, aquel cego luminoso que nos agasallou co grande "best seller" na nosa lingua, o Catecismo do Labrego. Lembrando tódolos escritores, e co fin de achegar un pouquiño máis á xente a súa obra, presentamos Os Señores da palabra. Cunha breve introdución no libro á circunstancia vital e literaria de cada autor, ofrecemos -escrito e gravado en video- un anaquiño ilustrativo da súa obra.

Prezo: 21,00 €
Agotado