XOSÉ TRAPERO PARDO: O PRIMEIRO LUCENSE

XOSÉ TRAPERO PARDO: O PRIMEIRO LUCENSE(25 minutos)Linguas: Gallego
9 €

Chamámoslle a XOSÉ TRAPERO PARDO “O primeiro lucense” polo amor demostrado e o servizo prestado en todo momento á cidade de Lugo. Foi xornalista e Director de “El Progreso” e Director do Museo Provincial. Foi Cronista oficial da cidade de Lugo, Académico, Presidente da Asociación de amigos dos Castelos, membro do consello da Caixa Rural, Medalla da cidade de Lugo, colaborou asiduamente en Prensa e Radio, e participou activamente en cantas iniciativas culturais e sociais demandaron a súa colaboración. A biblioteca de Castro de Ribeiras do Lea, o seu pobo natal, chámase XOSÉ TRAPERO PARDO. E rúas en Castro, Foz e Lugo, e unha praza en Mondoñedo, proclaman o traballo e o talento deste mestre de escritores e xornalistas.

Prezo: 9,00 €
Agotado